(I) Aínda que eu teño amigos, non teño ningún amigo con quen me atrevese a falar da coita que sufro, nin tampouco teño a quen me atreva a lle dicir máis sobre isto, e digo: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.

(II) Eu vin coitados vivir, mais nunca tan coitado viviu ninguén como hoxe eu vivo, nin ninguén o viu, desde que fun a onde fun; e velaquí tendes a información: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.

(III) A coita que eu sufro non coñezo quen tal sufra, porque me fai prexudicar sempre os meus intereses; todo isto eu entendo, e quen máis quixer entenda: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.

(IV) Non me protexo de nada, mais protexeríame de sufrir a gran coita que sufrín desde o día en que vin o que vin, e máis diso non vos diría: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.