(I) Aínda que eu fago canto podo, miña señora, por evitar vervos, de forma ningunha mo queren soportar estes que eu non podo forzar: os meus ollos e o meu corazón e Amor, todos estes son os que non me deixan evitar (vervos), (II) porque os meus ollos van catar a vosa fermosura e non os podo eu privar nin ao corazón de pensar en vós; e todo o tempo xúntase a eles Amor, e non podo eu con tantos loitar, (III) pois non lles poderei fuxir en ningunha parte se o quixese intentar; e por isto non me serve de nada tratar de vos fuxir, porque como vos hei fuxir se estes, de quen tal medo teño, non deixan que me afaste de vós?

(IV) E xa que non me deixan ir a ningures, estareilles, mentres eu puider, onde vos vexan, se o tiverdes a ben, e cumprireilles isto que eu sei que lles prace, e (aínda) outro pracer lles farei: morrereilles, cando vos non vexa.