(I) Aínda que é tanto o meu mal de amor e a moi grande coita que sufro por vós que non o sei dicir (con palabras), en bo día sería eu nado, señora, se após todo este mal eu puidese esperar de vós outra cousa.
(II) Todo este mal canto me vén e a gran coita que sufrín por vós desde que vos coñecín non lle daría importancia ningunha se após todo este mal eu puidese esperar de vós outra cousa.
(III) Aínda que este mal me tollerá a razón nin espero verme libre del se el a min non me quere deixar, sufriríao con gusto se após todo este mal eu puidese esperar de vós outra cousa, (1) pois de vós non espero eu outra cousa que me fagades senón mal.