(I) Aínda que vos ides, amigo, contra a miña vontade vivir a outro lugar, non vos ides –e estou leda por iso– por non (poderdes) falar comigo, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.

(II) E aínda que vos ides de aquí, non vos ides –e estou leda por iso–, por eu non facer canto unha muller fai polo home que ama, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.

(III) Podédesvos ir, mais ben sei que non diredes con razón que non fago eu de corazón por vós canto teño que facer, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.

(IV) E aínda que vos queredes ir, non diredes, abofé, con razón que é por causa miña, pois eu fago canto dicides, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.