(I) Teño pesar, amiga, en verdade, por unhas novas que ouvín sobre min e sobre o meu amigo, e diréivolas eu: din que lle saben o grande amor que ten comigo, e, se así for, só de milagre pode resultar ben.
(II) E ben vos digo que desde que escoitei estas novas andei sempre triste, porque ben entendo e ben vexo e ben sei o mal que deste asunto nos virá, após llo saberen, pois está disposto que eu morra por el e el por min, (III) porque, unha vez que o saiban, el ficará impedido para sempre de vir a lugar onde me vexa, tanto me han de vixiar; habedes de velo morto por esta razón, pois vós ben sabedes de min que eu non podo vivir sen el, abofé.
(1) Mais Deus, que sabe o moito que el me ama, e eu a el, cando nos sexa mester, nos garde de mal se considera que (o noso amor) está ben.