(I) Xa que aquí estou perante vós, señora deste meu corazón, por Deus, tede por razoábel, por canto mal sufrín por vós, quererdes apiadarvos de min ou deixárdesme morrer.
(II) E xa que do mal que eu sufrín moito tempo hai que vós sodes coñecedora, tende xa por ben, señora, por Deus, pois que tanto mal sufrín, quererdes apiadarvos de min ou deixárdesme morrer.
(III) E xa que vivo en tal coita que por ela perdín o sono e o siso, tende a ben, señora, pois tanto é o meu mal, quererdes apiadarvos de min ou querérdesme valer.