(I) Pois Deus non quere que eu poida recibir nada de vós, señora, agás mal e afán, e a gran coita que os meus ollos teñen por vós, señora, así eu vexa pracer, ireime de aquí, aínda que unha cousa sei de min, señora: que perderei a cordura.

(II) E, miña señora fermosa e de boa fama, aínda que vos amo máis que a min nin a calquera outra cousa, pois Deus non quere que reciba de vós (outra cousa) agás mal, por Deus, que moito ben vos fixo, ireime de aquí, aínda que unha cousa sei de min, señora: que perderei a cordura.

(III) E aínda que vos amo máis que a calquera outra cousa, señora de min e do meu corazón, xa que Deus non quere que eu teña de vós máis que mal, señora, así Deus me dea ben, ireime de aquí, aínda que unha cousa sei de min, señora: que perderei a cordura (1) por vós, que eu moito amo e amarei máis que todo canto vexo nin verei.