(I) Pois me dicides, amigo, que me queredes vós mellor que a cantas viven no mundo, dicídeme, por Noso Señor: se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí?
(II) E pois dicides que non podedes amar tanto cousa ningunha como a min, ai meu amigo, dicídeme, así Deus vos ampare: se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí?
(III) E pois vos ouzo dicir que non amades tanto ningunha outra cousa como a min, dicídeme, amigo, así Deus vos leve a Bonaval: se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí?
(IV) Porque ouvín dicir sempre que cando un home amou moito unha muller non podía irse de alí, pesarame se non souber se me amades tanto, como vos podedes ir de aquí?