(I) Pois a miña señora non quere preocuparse por min nin agradecerme todo canto a servín, non me quero eu por iso render, pois hei achar quen me faga así, porque sei eu ben que nunca me ha faltar a quen eu sirva, se puider servir, mais non quen eu tanto poida amar (II) como a ela; pero non podo ficar sen que sirva xa a outra desde hoxe, para que ela vexa que eu podo achar a quen sirva e que non lle mentín; se eu non morro fareillo eu ouvir: que sirvo eu a outra (dona) (non para que mo agradeza) e que a amo moito a ela contra a súa vontade.
(III) E como por iso a dona se queira asañar, non vos dirá que me pode quitar a min ningún ben que ela poida supoñer que eu obtivese dela, desde que nacín, e cando eu tiver que afastarme dela, quíteme todo canto ela vir que eu teño dela, se o quixer coller para si.
(IV) E alí collerá para si, segundo eu penso, afán e coita, que maior non a vin; pero ela, que nunca soubo amar, non sabería que facer entón e, cando ela se quixese decatar diso ou alguén ousase dicirllo, vivir podería (eu) só con tal que non se queixase por iso.