(I) Pois tal é xa a miña sorte que tendes tanto poder sobre min, miña señora fermosa, pola mesura que hai en vós e polo ben que vos acaerá, xa que de vós non recibo ningún ben, non teñades pesar porque eu vos ame, señora.

(II) E xa que non tendes a ben que eu teña o voso agradecemento por todo canto afán levei por vós, e así o queredes, miña señora, pola vosa fe, xa que de vós non recibo ningún ben, non teñades pesar porque eu vos ame, señora.

(III) E, luz destes meus ollos, xa que así me desamparades e que non me agradecedes como outras agradecen aos seus, miña señora, polo amor de Deus, xa que de vós non recibo ningún ben, non teñades pesar porque eu vos ame, señora.

(1) E eu non perderei o siso, e vós non perderedes nada con iso, señora.