(I) Desde que nacín nunca vin a Amor e ouzo sempre falar del, aínda que sei que me quere matar; mais rogarei á miña señora que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.

(II) Porén, eu nunca lle fixen nada polo que el me teña de matar; mais quero eu rogar á miña señora, polo gran medo en que (Amor) me ten, que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.

(III) Nunca me eu del ampararei se me ela non ampara; mais quero eu rogar á miña señora, polo gran medo que del teño, que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.

(IV) E xa que Amor ten sobre min tan gran poder de me matar, e eu non o podo ver, rogareille á miña señora así: que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.