(I) Xa que agora vou ter que me afastar da miña señora moi amada, e porque me fai perder a razón, cando me tiver que separar dela heille dicir, no intre en que me despida dela: «Con moito gusto me iría canto antes e nunca máis volvería».

(II) Xa que me fai sufrir unha coita tal cal a que eu sempre sufrín por ela, desde aquel día en que a vin, e non quere ter dó de min, por iso heille dicir isto: «Morro eu e morro por alguén, e nunca vos direi máis ao respecto».

(III) E xa nunca eu verei nada que me agrade con estes meus ollos desde que non a vexa, por Deus!, e coa coita que terei, chorando, direille así: «Morro porque non vexo aquí a dona que eu vin para mal de min.