(I) Xa que Deus quere dispor, amigo, que vaiades á terra onde está a miña señora, rógovos agora que, pola amizade que vos teño, lle queirades rogar que se doia xa do meu mal.
(II) E do feito de irdes alí penso que Deus me fará un gran ben, pois podédela ver; e, amigo, facede o posíbel por lle dicir, xa que xa hai tempo que sufro tanto mal, que se doia xa do meu mal.
(III) E xa que Deus dispón de irdes alí, penso que El me fixo un gran ben; e, xa que sabedes o mal que sufro, pedídelle vós mercé por min, que se doia xa do meu mal.