(I) Xa que Deus vos fixo, miña señora, facer sempre do ben o mellor e vos fixo niso tan sabia, vouvos dicir unha cousa que é ben certa, así Noso Señor me valla: erades boa para rei.

(II) E xa que sabedes comprender e escoller sempre o que é mellor, quérovos dicir unha verdade, señora, que sirvo e servirei: erades boa para rei.

(III) E xa que Deus non fixo nin fará xa, segundo eu penso, quen se vos poida comparar en ter bo xuízo e en falar axeitadamente, miña señora e canto ben teño, se Deus así o dispuxese, erades boa para rei.