(I) Pois agora acontece que eu podo vivir aquí, onde non podo ver, así Deus me perdoe, a dona do meu corazón, por iso non morro, e digo eu así por tal cousa que pasa comigo: pois isto acontece e non podo morrer, poden acontecer todas as cousas (II) que están fóra do razoábel, porque razón non hai en que eu viva onde non vexa os seus ollos, que eu vin con estes meus en aciago día; mais, xa que así é que eu non morro xa, sen dúbida, pois isto acontece e non podo morrer, poden acontecer todas as cousas (III) que están fóra do razoábel, porque, cando penso en cal a vin e en ter que vivir onde non a vexa, á miña morte non debería fuxir con este pesar; mais, xa que non morro, ben podo xurar: pois isto acontece e non podo morrer, poden acontecer todas as cousas (1) que están fóra do razoábel, mais tamén un morto pode resucitar se Deus o quixer!