(I) Xa que hai tanto tempo que non vin a miña señora e (aínda) me vexo no mundo vivir máis (tempo) e puiden soportar tan gran coita, abofé, xa que da coita non morrín, endexamais me preocuparei por coita, pois, por ter unha gran coita, non morrerei.

(II) E, cando eu me apartei da miña señora, non pensaba que chegaría vivo á noite ese día, e vexo que estou vivo; e, pois padecín tal coita, endexamais me preocuparei por coita, pois, por ter unha gran coita, non morrerei.

(III) E, pois soportei esta que vos digo, certamente debo soportar ben calquera outra coita que me Deus quixer dar, pois, xa que por esta non morrín, endexamais me preocuparei por coita, pois, por ter unha gran coita, non morrerei.