(I) Pois vós, filla, moito amades o voso amigo, mándovolo ir ver, mais facede unha cousa por min, que teña sempre que vos agradecer: non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.
(II) Mándovos ir eu a Faro un día, filla fermosa, orar, onde o voso amigo fale convosco como adoitaba, e, así Deus vos perdoe, non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.
(III) E xa que vós tanto o amades, direivos, filla, o que faredes: ide, mándovolo (eu), e verédelo; mais, por todo o que eu e vós amamos, que non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.