(I) Por Deus, amiga, (pídovos) que preguntedes por meu amigo que non vén aquí, e sempre eu vos quererei moito por iso, por Deus, amiga, se o facedes, pois eu hoxe non ouso preguntar por el co medo a que me digan más novas.
(II) Amiga, polo meu amor, preguntade logo hoxe aos que aquí chegaron, como ou en que situación o deixaron, e dicídemo, por Noso Señor, pois eu hoxe non ouso preguntar por el co medo a que me digan más novas.
(III) Preguntade vós ao voso amigo, que sei eu moi ben que volo dirá, se estaba morto ou vivo ou que vai facer, e por Deus, faládeo comigo, pois eu hoxe non ouso preguntar por el co medo a que me digan más novas.