(I) Por Deus, amigas, que vai pasar, pois xa o mundo non vale nada nin amigo ama a señora? E este mundo que é agora? Pois nel non ten poder Amor, de que lle serve a súa fermosura nin o seu fermoso porte a quen o ten?

(II) Vede por que o digo así: porque non hai no mundo rei que vise as feituras que eu teño que non morrese por min, e mesmo os meus ollos son verdes; e o meu amigo pasou agora por aquí e non me viu.

(III) Mais toda dona que teña amigo, de hoxe en diante (créao por Deus) non se esforce nos seus ollos, pois de aquí en diante non lle será necesario, pois xa alguén viu os meus ollos e o meu fermoso porte e agora vén e vaise tan pronto como quere.

(1) E xa que de nada ha de valer unha boa figura nin unha bela aparencia, aparentemos xa de calquera maneira.