(I) Por Deus, señora, pois non foi por non quererdes que non me fixestes ben, e foi por culpa miña, tende a ben, xa que pasou así, en galardón por canto vos servín, de me gardar o segredo, señora, e eu a vós, pois isto é o mellor.
(II) Non foi por non quererdes que non me fixestes ben, e Deus vos dea un bo galardón; mais a miña perda foi grande, e por iso, por mercé, tede por razoábel de me gardar o segredo, señora, e eu a vós, pois isto é o mellor.
(III) Sempre vos darei as grazas por isto, mais eu perdín en mérito e valor o que Deus quixo; mais xa que me pasou iso, prázavos, señora, por cal vos El fixo, de me gardar o segredo, señora, e eu a vós, pois isto é o mellor, (1) pois eu non obteño, nin vós, mérito ou valor deste caso se fose divulgado.