(I) Por Deus Señor, que vos tanto ben fixo que vos fixo parecer e falar mellor, señora, e de mellor aparencia que as outras donas e de máis valor, tende vós hoxe piedade de min!

(II) E porque están ben lonxe os meus ollos de nunca veren pracer, señora, onde vos non puideren ver, ai miña señora, por todo isto e por Deus, tende vós hoxe piedade de min!

(III) E porque non hai ninguén no mundo que esta coita, que eu sufro, tivese que sufrir de modo que puidese vivir, e porque sodes o meu mal e o meu ben, tende vós hoxe piedade de min!