(I) Por Deus, señora, eu non pensei desexar durante tanto tempo o voso ben contra o voso pesar; e vede, señora, por que non: porque non pensei por cousa ningunha vivir tanto tempo sen o voso ben, (II) nin tampouco pensei, desde que vos vin, o que agora vos direi: sufrir a moi gran coita que teño por vós canto a sufrín, porque non pensei por cousa ningunha vivir tanto tempo sen o voso ben, (III) nin tampouco pensei que sufriría despois o ben e o mal do amor, nin de vós nin de Deus nin de cousa ningunha; e direivos por que, señora: porque non pensei por cousa ningunha vivir tanto tempo sen o voso ben.