(I) Quérovos rogar por Deus, miña señora, que vos fixo a máis fermosa e a de máis valor de todas cantas donas creou: pois comprendedes todo ben, señora, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.

(II) E, se vós quixerdes entender isto, miña señora, teredes por iso, segundo eu creo, algun dó de min; xa que Deus vos fixo entender tanto ben, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.

(III) E, miña señora, xa sería hora de vos lembrardes de me non deixar vivir en tan gran coita como vivo; e, miña señora, aínda que só sexa por mesura, comprendede en que coita me ten o voso amor porque vos amo.