(I) –Polo meu amigo, amiga, vos quero agora preguntar –porque se foi daquí moi enfadado comigo e nunca máis o vin– se sabe xa que outro me ama.
–Por Deus, amiga, sábeo, e o pesar que hoxe el ten non é por outra causa.
(II) –Amiga, pésame de corazón que o saiba, pois teño moito medo de perdelo, e ídelle dicir que non lle pese, pois nunca lle virá mal por causa diso e, cando el souber esta explicación, sei que axiña estará aquí comigo.
(III) E dicídelle que non teño poder para evitar, se moito me quixer, que me queira, pois non coñezo ningunha muller que poida evitalo de ningún outro xeito agás por isto que eu farei ao respecto: non facer nada que me recriminen por mal (feito).
(1) E así que o meu amigo viñer, sei ben que nunca me poderá escoitar outra cousa.