(I) Pola miña señora fermosa quero eu ben a cantas donas vexo, e sinto un gran desexo de as servir pola miña señora, que amo moito, e farei unha cousa: porque son donas, querereilles facer servizo sempre e querereinas ver sempre que puider e falar ben delas (II) pola miña señora, que amo moito, e que servirei xa mentres eu viva; mais agora, en canto non vir a miña señora, servirei as outras donas por iso, porque nunca vexo un pracer tan grande como o de velas, pois non podo ver a miña señora, que amo, (III) pois, sen dúbida, este é o maior ben que hoxe teño, aínda que sei que así morrerei pola miña señora vendo as outras, perdendo a razón por vela a ela, a quen Deus quixo facer señora das outras en beleza e en falar ben e en calquera outro ben.
(1) E por esta coido eu morrer, a quen Deus fixo, para o meu mal, tanto ben.