(I) Considero eu moi coitado a aquel que vai amar tal muller que non lle quere de ningunha maneira agradecer o seu servizo, e, por desgraza, así vivo eu coitado –e que o demo me deu coita para nunca a perder!–, (II) non por outra cousa, senón polo fermoso rostro da miña señora, que ningún home o viu nunca máis fermoso, nin semellante, así Deus me deixe recibir dela ben e me mostre o seu fermoso rostro, que Deus lle deu para me facer a min xa sempre mal, (III) porque Deus a fixo para o meu mal a máis fermosa de todas as que hai no mundo, así Deus me perdoe! E vede que me fixo aínda por iso: fíxoma ver para o meu mal, que non por outra cousa, pois, unha vez que a vin, nunca me prougo cousa ningunha (IV) excepto ela, por quen estou así como vos eu direi: que todo o que pensei ter dela, unha vez que a vin, téñoo; vede por que o digo desta maneira: pensei, des que a vin, ter gran coita por ela sen o seu ben, (1) pois nunca pensei en ter outra cousa dela, por Deus todopoderoso, agás esta coita que me vén.