(I) Por afastar o sufrimento que eu sempre vin que a miña señora sentía do moito que a amo, desexaba por iso a morte, amigos; mais, pois entendín que lle pracía facerme mal, logo desde ese momento eu desexei vivir.

(II) Vendo eu claramente que, polo grande amor que eu sempre lle tiven, experimentaba pesar, ía desexar por iso a morte; mais despois, amigos, cando souben que lle pracía facerme mal, logo desde ese momento eu desexei vivir.

(III) Se Deus entón non me concedeu a morte non foi porque eu non lla pedise, pensando que afastaba dela o pesar; mais cando tiven a certeza, amigos, de que lle pracía facerme mal, logo desde ese momento eu desexei vivir, (1) non para o meu beneficio, mais para non perder ela por culpa miña nada do que lle causa pracer.