(I) Para ver o namorado, que hai moito tempo que eu non vin, vinde comigo, irmá, porque me din que vén alí, a Santa María de Reza.
(II) Porque sei que el me ama e porque alí vén moi coitado, irmá, vinde comigo, pois sei que alí vén de grado, a Santa María de Reza.
(III) Para ver o namorado, que por min gran mal padeceu, vinde comigo, ai irmá, porque me din que chegou a Santa María de Reza.