(I) Por vos ver vin eu, señora e luz destes ollos meus, e Deus me valla contra vós, porque o fixen por causa da coita de amor, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.
(II) Arrisqueime e vin aquí por vos ver e vos falar; e, miña señora, se vos causar pesar, facede o que quixerdes ao respecto, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.
(III) De me facerdes mal e ben, será como vós quixerdes; e, pois todo depende do voso siso, facede xa o que quixerdes, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.