(I) Porque se foi de aquí meu amigo contra a miña vontade e non mo fixo saber, cando el viñer para falar comigo, asañareime con el e fareille entender que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.
(II) Cando el viñer e me vir sañuda, sei que estará moi coitado por iso, e xurarame e quererame mentir, e eu direille entón con desdén que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.
(III) E nunca meu amigo me desobedecerá nin sairá do meu poder, e, se se el for, antes me xurará, cando e como eu quixer, que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.