(I) Os provenzais adoitan trobar moi ben e eles din que é con amor; mais sei eu ben que os que troban no tempo da flor, e non noutro, non teñen no seu corazón unha coita tan grande como a que eu levo pola miña señora.
(II) Aínda que troban e saben loar as súas señoras o máis e o mellor que poden, eu ben sei que os que troban cando a flor está en sazón, e non antes, así Deus me perdoe, non teñen unha coita como a que eu teño sen par, (III) pois os que se alegran no tempo en que a flor ten a súa cor e, así que se for aquel tempo, logo xa non teñen razón para trobar non viven no estado de perdición en que eu vivo hoxe, que acabará por me matar.