(I) Eu fago todo o posíbel, señora, para afastar de pensar en vós a este meu corazón, que pensa sempre en como vos vin; mais non podo por nada nin a min nin a el forzar para que non pense sempre en cal vos vin; e por iso non sei hoxe o que faga de min nin sei que decisión tomar.
(II) Non puiden nunca librar de chorar estes meus ollos desde o momento en que vos viron, señora, pois desde aquela así o quixo Deus –que vos foi mostrar–, que desde ese intre non puidese afastar o corazón de pensar en vós, e vivo así sufrindo tal coita que non ten par.
(III) E, miña señora, pois sempre hei de pensar no maior ben dos que existen no mundo cal é o voso, teño moita razón pois non podo afastar o corazón diso, de vivir en tamaño mal como vivín desde que para meu mal vos coñecín, e de sempre desexar a morte.