(I) Loitei moito por me protexer canto puiden da miña señora, para evitar caer no seu poder; mais forzoume o seu amor e a súa fermosura, e metéronme so o seu poder, onde estou con gran pavor (II) de morte, isto é, desexar, ben o sabe Deus, a mellor dona do mundo e non me atrever a falar con ela; e nunca vin unha coita máis difícil de sufrir, porque esta nunca dá descanso, antes fai cada día máis mal, (III) pois de todas as maneiras crece o mal a quen Amor ten no seu poder se a súa señora non é tal que o queira amparar por iso; mais tal señora eu non teño, nin tal dona amei nunca de quen puidese recibir nada (IV) agás unha gran coita e nada máis; e por isto perdín a cordura, por unha dona tal que non me socorre, aínda que non direi por quen; mais irei por moitas terras servir outra: se puider, hei negar esta que amo.