(I) Esforceime eu moito en me separar de vós, miña fermosa señora, e non o quixo Deus nin o voso amor; e, xa que non o puiden levar a cabo, dicirvos quero eu unha cousa, señora, que sempre amei: «Sabede agora verdadeiramente que eu son o voso fiel vasalo».
(II) Esforceime eu xa hai moito tempo en amar outra muller, mais non quixo o meu corazón; e xa que nin el nin Deus non queren, dicirvos quero eu unha cousa, señora, que sempre amei: «Sabede agora verdadeiramente que eu son o voso fiel vasalo».
(III) E, miña señora, abofé, esforceime eu moito en facer o que vos foron dicir, e non puiden; e, xa que así é, dicirvos quero eu unha cousa, señora, que sempre amei: «Sabede agora verdadeiramente que eu son o voso fiel vasalo».