(I) A señora que debía tomar quen ben a soubese escoller, esa ma fai Deus a min amar, e esa me ten no seu poder, e esa é a miña señora, e esa me fai o maior ben deste mundo desexar: (II) o seu ben que non ten par, tanto a fixo Deus valer por boa fama e por falar ben, por bo siso e por beleza; e non coñezo hoxe no mundo quen puidese saber mensurar o ben de tal dona, (III) nin a miña coita, penso eu, en que hoxe me vexo vivir, porque de tal dona cal me agora ouvistes falar teño que me privar de a ver, porque se a vise, farame ela ir lonxe de si moi triste e moi contra o meu desexo; (IV) por iso, non debía afastar os seus ollos de a ver (aquel) a quen Deus quixese dispor que ela llo queira permitir, porque os quitaría de alí para ter tal coita coma min: antes se debía de matar!