(I) Canto eu amo amo unha muller non o sabe Noso Señor, nin tampouco sabe canto pavor teño hoxe eu dela, penso eu, porque, se o soubese, eu sei que se apiadaría de min e non me faría así querer ben a quen me quere mal.

(II) Aínda que din que non se lle pode ocultar ningunha cousa que El non saiba, eu ben sei que aínda El non sabe o ben que eu lle quero nin sabe o mal que me ela fai ter por si, porque, se o soubese, apiadaríase de min, segundo eu penso, (III) porque Deus é de tal corazón que, cando sabe que alguén sofre gran coita no seu, logo alí lle pon remedio; e por isto sei eu que non sabe El a coita que eu teño, nin eu iso crerei nunca, certamente.