(I) Cando eu estou sen a miña señora sempre penso que lle direi, cando a vir, o mal que sufro por ela e polo seu amor; e, ao vela, acontéceme que non me atrevo a lle dicir nada, (II) porque teño medo de lle causar pesar se llo dixer. E que farei? Se calo, podereina ver en canto lle negue que non a vexo polo pavor que lle teño, (mais) nin sequera iso (o vela) é o meu desexo. 

(III) E mentres o puider negar, algunha vez a verei, mais de que me vale?, xa que me hei perder despois se me ela non fixer ben, e non sei que escoller: se ficar calado ou se llo dicir. 

(IV) Se llo dixer e me mandar que a non vexa, morrerei; e, se non llo digo, terei unha gran coita xa mentres viva: antes que vivir en coita por sempre, direillo para morrer!