(I) Cando eu falei convosco, miña señora, e vos dixen que vos amaba, señora, así Deus me valla, fixen unha insensatez, e, por como eu despois me achei por iso, ben entendín, miña señora fermosa, que nunca vos podería maior (II) pesar dicir; mais eu non puiden facer aí outra cousa, miña señora, así Deus me valla, e fúnvolo dicir con gran coita; mais, por como eu despois me encontrei mal por iso, ben entendín, miña señora fermosa, que nunca vos podería maior (III) pesar dicir; e en triste día nacín porque vos fun dicir tan gran pesar e porque eu non o puiden evitar, pois, por canto eu despois perdín por causa diso, ben entendín, miña señora fermosa, que nunca vos podería maior (1) pesar dicir do que vos dixen daquela; mais, se mentín, que Deus non me perdoe.