(I) Cando eu non podía ver a señora do meu corazón e de min, ben coidaba daquela que eu puidese perder a coita só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.

(II) Aínda que perdía o siso pola miña fermosa señora, canta coita de amor tiña non pensaba que fose nada só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.

(III) De canto eu coidei levar a cabo ningunha cousa conseguín, pois vede o que pensei: pensei en me librar da coita só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.