(I) Cando eu podía ver a miña señora, de corazón desexaba entón o seu ben, e non querería nada mellor que falarlle e vela, e non ter nunca outro ben.
(II) Chorando entón cos meus ollos, con tanto ben, desexando outro (maior), sufro agora moito mal, e non querería máis de Deus que falarlle e vela, e non ter nunca outro ben.
(III) Eu daquela, cando lle podía falar, perdía o sentido polo seu ben, que me fai desexar: (oxalá) que Deus me fixese este ben de falarlle e vela, e non ter nunca outro ben!