(I) Cando me agora mandou a miña señora que non vivise, de ningunha maneira, onde a vise, Deus sabe que me fora moito mellor coa morte e que nela encontraría máis pracer: tería gusto de morrer alí, por non vivir como eu despois vivín

(II) Poderíame eu ter librado de grande afán e de gran coita, que despois levei, se eu morrese cando me afastei da miña señora, así Deus me deixe cedo tornar (a onde a vexa): tería gusto de morrer alí, por non vivir como eu despois vivín.