(I) Cando eu, moi triste, me separei da moi fermosa miña señora contra a miña vontade e se foi ela, infeliz, e eu fiquei, (que) nunca me valla o Noso Señor se eu pensase que viviría tanto sen a ver, se antes non preferiría morrer (II) alí onde eu afastei dela os meus ollos e dela triste me separei; se pensase vivir tanto como vivín sen a ver, que Deus nunca me valla nunca se eu pensase que viviría tanto sen a ver, se antes non preferiría morrer (III) alí onde eu me afastei dela; mais non pensei que puidese vivir tanto como vivín sen poder vela, que o Noso Señor nunca me perdoe se eu pensase que viviría tanto sen a ver, se antes non preferiría morrer.