(I) Cando agora me vaia e me afaste de vós, señora, e non poida ver esa vosa fermosura, quérovos agora, por Deus, preguntar: señora fermosa, que farei entón? Dicide, ai coita do meu corazón!
(II) E dicídeme en que vos causei pesar, por que así me mandades ir morrer, pois me mandades ir vivir a outro lugar; e, despois que eu me vaia e me ache sen vós, señora fermosa, que farei entón? Dicide, ai coita do meu corazón!
(III) E non sei eu como poderei morar onde non vos vexa a vós, a quen Deus me fixo querer ben para o meu mal; por iso quero saber: e cando vos non vexa nin vos fale, señora fermosa, que farei entón? Dicide, ai coita do meu corazón!