(I) Cando se foi o meu amigo xurou que viría cedo; mais, xa que non vén falar comigo, por iso, por Santa María, nunca me roguedes por el, ai donas, abofé!
(II) Cando se foi, prometeume que viría moi cedo, e mentiume e cometeu un erro; e xa que non me ten medo, nunca me roguedes por el, ai donas, abofé!
(III) O que vistes que dicía que andaba namorado, xa que non veu o día que eu lle mandara, nunca me roguedes por el, ai donas, abofé!