(I) Cando eu, meu amigo e meu ben, non vos podo ver, vede o que me pasa: dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.
(II) Cando eu non vos podo ver con estes ollos meus, así Deus me valla, dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.
(III) E non durmo eu, iso nin está en cuestión, cando non vos vexo, e, abofé, dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.
(IV) E os meus ollos, sen vós, de que me valen, pois non durmo eu con eles e, certamente, dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.