(I) Cando hoxe eu vin (o lugar) por onde podía ir a esa terra onde está a miña señora –e a onde eu tiña un gran desexo de ir– e non me podía ir de alí (para onde ela estaba), chorei tanto destes meus ollos que non vin cousa ningunha, e invoquei moito a Deus.

(II) Estiven tan preto que podería chegar logo, se me atrevese, a onde ela está; mais tiven gran coita, abofé, e, xa que non me atrevín a me ir de alí, chorei tanto destes meus ollos que non vin cousa ningunha, e invoquei moito a Deus.

(III) Polo meu mal vin eu hoxe o lugar por onde eu, se me atrevese, iría alá; aínda que ela non me fixo ben nin mo fará, ollando para alá direivos o que fixen: chorei tanto destes meus ollos que non vin cousa ningunha, e invoquei moito a Deus (1) para que me valese, e El non quixo (facelo) así nin nada me deu de canto lle pedín.