(I) Cando eu vaia agora ver a miña señora, que non me quere deixar vivir de amor, ai Deus Señor, se me atreverei a lle dicir: «Señora fermosa, non podo eu vivir». Eu, se me atrevo, direi cando a vir: «Señora fermosa, non podo eu vivir?».

(II) Por cantas veces ela me fixo chorar con desexos dela e andar coitado, cando a vexa, direille se me atrevo: «Señora fermosa, non podo eu vivir». Eu, se me atrevo, direi cando a vir: «Señora fermosa, non podo eu vivir?».

(III) Por canta coita por ela levei e canto afán sufrín e soportei, cando a vexa, se me atrevo, direille: «Señora fermosa, non podo eu vivir». Eu, se me atrevo, direi cando a vir: «Señora fermosa, non podo eu vivir?».