(I) Cantas coitas sufrín por vos ver, señora; e afasteime de vós e non vivín convosco! E pois que Deus me trouxo aquí (e vos vexo), quero dicirvos o que me sucede: tanto me lembra agora como se nunca pasase nada,
(II) pero vivo na maior das coitas posíbeis desexando vervos; e agora que vos vexo, señora, quero dicirvos o que me sucede: tanto me lembra agora como se nunca pasase nada,
(III) pero quen tanto mal padeceu como eu padecín, e tanto afán, debería lembralo; e despois de que me vos mostrou Deus, quero dicirvos o que me sucede: tanto me lembra agora como se nunca pasase nada.