(I) Canto eu de vós, miña señora, temín recibir desde o día en que vos vin, dinme agora que así mo dispón Noso Señor tal como eu temín: que vos casasen; mais se así for sei unha cousa: que morrerei por iso.
(II) E sempre eu, miña señora, temín ver isto que agora me din de vós; desde que eu vos souben moito amar, certamente, sempre eu temín isto: que vos casasen; mais se así for sei unha cousa: que morrerei por iso.
(III) E sempre diso eu tiven pavor, señora, desde que vos vin e convosco falei e vos dixen o grande amor que vos teño; e, miña señora, disto teño eu pavor: que vos casasen; mais se así for sei unha cousa: que morrerei por iso.