(I) Todo o que durou este día, miña nai, tratástesme mal e moito dano me fixestes; mais, sobre esta disputa terei hoxe aquí comigo mensaxe do meu amigo.

(II) Tratástesme mal, sen dúbida, e non hai nada que deteña o meu amigo para que non veña; madre, así Deus me valla, terei hoxe aquí comigo mensaxe do meu amigo.

(III) Terei comigo a súa mensaxe e práceme que (o) veredes, por tanto mal que me fixestes; miña nai, contra a vosa vontade terei hoxe aquí comigo mensaxe do meu amigo.